Martes, Febrero 23, 2010 21:02

Águila Roja

A famosa serie de televisión que se emite na 1 de Televisión Española, Águila Roja, estreou videoxogo online. Trátase dun xogo online multixogador gratuíto que se ambienta na época na que transcorren os feitos de Águila Roja, nunha pequena vila do século XVII. Podemos rexistrarnos gratis na páxina principal de mi Águila Roja e comezar a xogar ao instante. Os escenarios non son especialmente rechamantes, o típico dos xogos flash, pero a ambientación está moi conseguida.

aguila Roja

É un xogo de estratexia no que teremos que construír o noso pequeno imperio para atacar e defendernos doutros. Conta con misións que seguen a trama de Águila Roja, e que van estando dispoñibles segundo saen novos episodios na serie. Só ten un mes e medio e xa conta con máis de 130.000 usuarios rexistrados, polo que é un bo momento para empezar e ir avanzando.

Se es un fan da serie, non podes perder este xogo online.

Páxina web da miña Águila Roja.

Vía Codigocero

aguia vermella, Flash, gratis, online, serie, tve, videoxogo, xogo,

Deja un comentario