Lunes, Julio 5, 2010 8:32

Generador automático de contraseñas seguras

Moitas veces a parte máis difícil á hora de subscribirnos a un novo servizo online é a elección de contrasinal. A maioría usa un número reducido de contrasinais, que varían en función da importancia do servizo. O problema é que hoxe en día necesitamos contas para case todo, o que fai que ou teñamos moitas contraseñas repetidas, ou que necesitemos apuntalas. Pero ata que punto son seguras as nosas contrasinais? Cal é a lonxitude mínima, e que símbolos debemos incluír nelas?

Como norma principal, canto máis longas sexan mellor, e se inclúen letras, números e símbolos, aínda máis seguras. Pero se queres que un programa realice o traballo de xerar contraseinais por ti, PWGen é o teu amigo. A súa sinxela interfaz permítenos elixir o tamaño do contrasinal, o rango de carácteres a usar, engadir palabras dunha lista en .txt, xerar automaticamente un número determinado de cotrasinais e gardalo nun arquivo de texto, etc. Móstranos tambíen a seguridade do contrasinal espresada en bits (se por exemplo dinos que a seguridade é de 17 bits, é que con é que se poderían xerar 2^17 contrasinais con ese rango e esa lonxitude de contrasinal). Canto maior sexa o número de bits, mellor. Con PWGen, xa non terás que preocuparte de inventar rebuscadas combinacións para os teus contrasinais.

Descargar PWGen, xerador automático de contrasinais seguras.

PWGen

contrasinais, generador, Seguridade, xerador,

Deja un comentario