Lunes, Junio 21, 2010 8:22
Publicado en la categoría Humor, Internet,

Windows RG online

Windows Really Good Edition é unha emulación de Windows realizada en flash e que nos transporta ao marabilloso mundo de Windows 98, á súa estabilidade como unha roca e a súa carencia de erros, bugs e pantallazos da morte por tódalas partes.

Está en inglés pero case todos os chistes cóllense sen problema. Temos o magnífico Windows Media Player, o Word co Clip e os seus fantásticos e inútiles consellos, Internet Explorer que dá erro nada máis entrar (o terceiro posible erro que nos ofrece fíxome rir un bo cacho), e así un longo etc. de despropósitos e míticos Illegal Operation. Iso si, é bastante remiso a deixarnos apagar ou reiniciar o equipo. Ollo co Paint que causa epilepsia. Eu rinme unha chea, é moi orixinal. Funciona directamente no navegador, só tes que entrar neste link:

Windows RG online

Windows RG

Vía Linwind

Flash, web, Windows,

Deja un comentario