Sábado, Junio 26, 2010 16:28

VLC Media Player 1.1.0 final con aceleración gráfica

Fai unhas semanas comentábavos que estaba dispoñible unha nova versión pre alpha de VLC Media Player 1.1.0, cuxa principal novidade era o soporte de aceleración gráfica. A antiga versión a pesar de ser alpha funcionaba perfectamente (de feito eu lévoa usando ata hoxe sen ningún problema), pero agora xa está dispoñible na súa versión estable final deste reprodutor multimedia todoterreo.

Non se incluíu nada novo, simplemente depurouse algo e corrixíronse algúns erros. De momento a aceleración gráfica segue en modo experimental, polo que vén desactivada por defecto. Para activar esta nova función, só tes que ir ao menú “Ferramentas”, “Preferencias” e en “Entrada e Codecs” activar a aceleración gráfica experimental. Segundo comentan conseguíronse melloras moi substanciais na reprodución de vídeos, sobre todo en alta definición, usando esta nova característica. Podes descargar a última versión de VLC no seguinte enlace:

VLC 1.1.0

Descargar VLC Media Player 1.1.0 final, aceleración gráfica

aceleración gráfica, alta definición, descargar, gratis, reproductor multimedia, Vídeos, VLC1,

Deja un comentario