Martes, Mayo 4, 2010 17:12
Publicado en la categoría Descargas, Mac, Software,

Virtualizar Mac OS en VitualBox

Ao fin VitualBox bríndanos soporte para correr Mac OS X. A última beta deste magnífico programa para a creación e o mantemento de máquinas virtuais, trae varias novidades e melloras, entre as que se atopa o soporte experimental para o sistema operativo de Apple.

O problema é que Apple, na licenza de usuario de Mac OS, especifica que o seu sistema operativo só pode ser virtualizado baixo unha máquina de Apple con Mac OS. Por isto mesmo a virtualización de Mac OS só funciona no Virtual Box para Mac, polo que non esperedes ver a curto prazo o sistema operativo da mazá correndo na vosa máquina con Linux/Windows  .

A beta 3.2.0 de VitualBox aparte dunha extensa lista de bugfixes, mellora moitos aspectos da virtualización, como o soporte para múltiples pantallas, xestión de memoria, xestión de dispositivos USB, e un longo etc.

Tes máis información e a descarga no foro de VirtualBox

virtualbox Mac os

apple, Mac Os, Máquina virtual, virtualbox,

Deja un comentario