Sábado, Junio 19, 2010 9:56
Publicado en la categoría Deporte, Vídeos,

Vídeos do Parkour de Damien Walters

O Parkour é unha disciplina que comezou en Francia por un grupo de rapaces. Consiste en desprazarse servíndose do contorno dunha forma fluída, empregnado só o teu corpo. Non é só un deporte, é unha forma de vida, unha ideoloxía e actitude ante como afrontar os problemas. O arte do desprazamento. Para ser traceur (así se lles chama aos que practican este deporte) fai falta unha condición física boa, e adestrarse case a diario. O Parkour recibe o nome de FreeRunning en inglés, aínda que este termo non está tan aceptado.

Fai tempo que vexo vídeos de Parkour en Youtube, podes ver xente realmente boa que fai cousas impensables para o resto de mortais. O outro día, atopeime cun vídeo realmente impresionante. Trátase dun traceur chamado Damien Walters, que ten máis dun movemento que parece sobrehumano. Busquei mais información e trátase dun mozo nacido en Derby, Reino Unido en 1982. É adestrador de ximnasia e competiu co equipo tumbling de Reino Unido. Ten máis de 20 anos de adestramento e entrena de 3 a 4 hora diarias. Un autentico animal.

Déixovos os vídeos que atopei de Damien Walters en Youtube, e tamén un vídeo/xogo interactivo.

damien walters, parkour,

Deja un comentario