Lunes, Mayo 31, 2010 19:07
Publicado en la categoría Gadgets, Mac, Miscelanea,

Ventas del iPad

Fai xa que non falo do iPad tras a euforia inicial das primeiras semanas tras o seu anuncio. O novo gadget de Apple, criticado a matar por uns e idealizado por outros, xa está á venda en España. Este tablet PC que moitos tachan dun iPod grande, de ter un prezo elevado para o que ofrece ou de carecer de certas funcionalidades, é o trebello do que máis se fala estes días. Tras algúns problemas na produción, o lanzamento foi un auténtico éxito: dous millóns de unidades vendidas en 60 días. Isto só en EEUU, xa que fai nada que chegou a Europa. É unha auténtica burrada de iPads. Postos en liña case chegan desde Santiago de Compostela a Santander.

De verdade os 2 millóns de usuarios que se fixeron cun iPad van sacarlle todo o potencial, ou a gran maioría cómpranos por fanatismo? Eu creo que, como case todos os cacharritos de Apple, os fanboys levantaron un produto que realmente non se merece a acollida que tivo.

iPad

Vía TechCrunch

apple, iPad, vendas,

Deja un comentario