Lunes, Noviembre 2, 2009 12:07
Publicado en la categoría Linux, Tutoriais,

Tutorial: Windows 7 y Ubuntu 9.10 en un mismo PC

Non sen tempo nin sen dores de cabeza, conseguín establecer o arranque dual de Windows 7 e Ubuntu 9.10 Karmic Koala sobre o meu Raid0. É sumamente sinxelo, cando sabes exactamente o que hai que facer. Lendo como establecer o dualboot por todos lados dicía que o mellor era instalar EasyBCD en Windows e establecer o arranque desde este, pero no meu non me funciona, segundo me dixéron no foro oficial polo meu Raid0.

Asique decidín instalar Grub no MBR e logo dende Ubuntu establecer o arranque de Windows 7. Algo en teoría fácil. Windows 7 crea dúas particións NTFS, unha de 100Mb e outra do espazo que lle indiques. Na de 100Mb parece ser que instala o xestor de arranque e protéxeo, polo que Ubuntu dábame erro se lle dicía que instalase o Grub ahí. Tras instalar o Grub en distintas particións e ver que de ningún xeito funcionaba, decidín desde o instalador de Ubuntu 9.10 formatear a partición de 100Mb a ext3 e intalar o Grub ahí. Man de santo. O único que ao agregar o Windows 7 ao Grub dicíame que faltaba o bootmgr. Basta con iniciar co CD de Win7, darlle a reparar, e no menú que aparece seleccionar a primeira opción. Así que paso a indicar paso a paso o método a seguir.

  • Instalamos Windows 7 cos valores por defecto.
  • Desde Windows, redimensionar a partición de 7 deixando o espazo que queiramos para Ubuntu. Nese espazo creamos unha partición ext3 e unha SWAP.
  • Reiniciamos co disco de Ubuntu 9.10 e seleccionamos instalar.
  • Imos seguindo os pasos e cando aparece o particionado, seleccionamos manual.
  • Formateamos a partición de 100Mb con ext3 e seleccionamos como punto de montaxe /boot, e a partición ext3 que creamos desde Windows podemos deixala así ou pasala a ext4. Seleccionamos como punto de montaxe desa partición /, o directorio base.
  • No último paso basta con deixar todo como está, así directamente intala o Grub na partición ext3 de 100Mb.
  • Reiniciamos e arrincará Ubuntu directamente. Agora imos editar o Grub para engadir Windows 7 ao arranque. Abrimos un terminal e escribimos
  • súo gedit /boot/grub/menu.lst
  • Aparécenos un arquivo de texto e temos que engadir o seguinte.

title Windows 7
root (hd0,1)
makeactive
chainloader 1

  • hd0.1 fai referencia á partición onde está Windows7. Se fixemos todo como está explicado aquí debería ser así tal cal. Windows 7 pódese cambiar polo que cada un queira.
  • Agora cando arraque debemos pulsar Esc cando nolo indique e seleccionar Windows 7. Aparecerá un erro que di que falta Bootmgr.
  • Co disco de Windows 7 é moi fácil de arranxar. Basta con seleccionar reparar e cando apareza o menú seleccionar Reparar inicio.

Listo! DualBoot como un avión. Agora mesmo estou posteando desde Ubuntu, son feliz!

dualboot, ubuntu, ubuntu 9.10, Windows, windows 7,

Deja un comentario