Tutorial: Macros de ratón y teclado con Macro Maker
Se tes que facer tarefas repetitivas co rato, o teclado ou unha combinación de ambos, un programa de xestión de macros aforrarache moito tempo.
Que é unha macro? Unha serie de movementos de rato e/ou pulsaciones de teclas que se executan nunha orde determinada (estritamente e segundo a wikipedia“grupos de instrucións que teñen un seguimento cronolóxico usadas para economizar tarefas”).
Hai moitos programas que nos permiten crear e executar macros, pero a maioría son de pago ou non son moi completos. MacroMaker é un xestor de macros, gratuíto, completo e cunha chea de características interesantes… Ten unha opción que nos permite gravar macros e logo executalas cunha combinación de teclas.
Vouvos a explicar brevemente como gravar unha macro e reproducila.
- Instalamos MarcroMaker (a descarga ao fondo do post).
- Unha vez executámolo apareceranos minimizado na barra de tarefas, á beira do reloxo.

- Abrímolo e ímonos ao menú da dereita onde pon “Recordings”. Pulsamos en “Add ”.

- Na fiestra que nos aparece pomos o nome que lle queiramos dar á macro en Recording “Name“. Seleccionamos o tipo de macro (Rato+Teclado, Rato ou Teclado) e na lista da esquerda a fiestra na que queremos gravar. Dámoslle a “Record” e executamos a secuencia que posteriormente reproducirá a macro. Unha vez terminamos, pulsamos “Ctrl+Pausa inter”. Volveranos a saír este menú. Agora facemos click en “Save” e gardaránola co nome que puxemos.
- Para reproducila, temos que asignar a secuencia gravada a unha macro, e asociala a unha combinación de teclas. Na fiestra principal de MacroMaker, no menú da esquerda (Macros) picamos en “Add”. Sairanos a seguinte fiestra.

- De novo en Macro “name” pomos o nome que queiramos darlle á macro. Xusto debaixo onde pon “Trigger” no cadro de texto que pon “Ningún”, facemos click co rato e pulsamos a combinación de teclas que queremos usar para lanzar a macro. Xa só nos quéda achegar a gravación anterior.
- Na esquerda, baixo “Macro commands” hai unha opción que se chama “PLAYBACK RECORDING”. Ao facer dobre click aparécennos as gravacións de macro que fixemos. Seleccionamos a que queremos, (podemos aumentar ou reducir a velocidade de reprodución), “OK”, “Save” e listo.
- Xa só temos que pulsar a combinación de teclas que puxemos e executarase todo o proceso.
Descargar MacroMaker.




