Martes, Junio 15, 2010 20:39
Publicado en la categoría Motor, Videoxogos, Vídeos,

Trailer de Test Drive Unlimited 2 en el E3

De trailers e novas versións vai hoxe a cousa. Déixovos outro impresionante vídeo tamén en alta definición 720p, esta vez dun videoxogo de coches, Test Drive Unlimited 2. Esta segunda versión de Test Drive Unlimited intentará explotar ao máximo o filón das MOOR (Massively Open Online Racing, ou carreiras abertas e masivas online), gancho que provocou que a primeira versión tivese bastante éxito.

Así mesmo aposta por unha calidade gráfica moi traballada, outro dos principais reclamos do seu predecesor. Estará dispoñible a finais de ano para PC, XBOX 360 e PlayStation 3. En canto aos coches dispoñibles, a parte de novos modelos, incorporarase unha nova clase, os SUV, para circular por terreos máis accidentados e darlle maior flexibilidade ao xogo. Outra novidade é a maior personalización, tanto do noso avatar que nos representará online, como do propio vehículo que usemos. Sen máis deixovos o trailer para ir facendo boca, todas as tomas son ingame.

coches, E3, pc, play station 3, test drive unlimited, trailer, videoxogo, xbox 360,

Deja un comentario