Miércoles, Junio 16, 2010 19:00
Publicado en la categoría Videoxogos, Vídeos,

Trailer de SOCOM 4 en el E3

Novo trailer recentemente saído do E3. SOCOM 4 sairá en exclusiva para PlayStation 3, e confirmaron que será compatible co control de movemento de Sony, Move. Trátase dun shotter táctico en terceira persoa. Situaranos no sueste asiático, onde un exercito revolucionario tomou o control dun país que posúe un das principais canles, pondo en perigo a economía mundial. Estarás ao mando dun escuadrón de 5 homes, cos que terás que penetrar en bastas xunglas, rúas e ruínas urbanas para infiltrarte, enfrontarte ao exército revolucionario e descubrir os seus plans.

A pesar de ter aos mellores homes ao teu servizo e as armas e equipamento máis avanzado e punteiro, só dispós de 6 días para terminar a misión, polo que terás que sacar o máximo partido ao teu sixilo e puntería para non quedarte sen tempo.

Ademais do modo historia contará cun modo multixogador no que ata 32 xogadores poderán medir a súa habilidades. O lanzamento está previsto para o terceiro cuarto deste ano. Déixovos o vídeo trailer ingame.

acción, disparos, E3, move, play station 3, shotters, socom, sony, táctica, trailer, videoxogo,

Deja un comentario