Lunes, Junio 21, 2010 8:13

The Legend of Zelda: The Skyward Sword

Agora amólame cambiar a Wii pola XBOX 360 e finalmente vendela e dedicarme enteiramente ao ordenador. Nintendo presentou no E3 o novo título de Zelda para Wii. The Legend of Zelda: The Skyward Sword mesturará o deseño máis depurado de Twilight Princess cun estilo cel shading ao Wind Waker, o que lle dá un aspecto realmente agradable.

En canto a control, a parte de novidades na interfaz (como a capacidade de cambiar rapidamente de arma e accesorios pulsando B e seleccionándoa co WiiMote), usará Motion Plus. Isto fará que a interacción co xogo sexa brutal, e fará que nos introduzamos moito máis nel, ampliando as posibilidades de control e movemento. Sobre a trama, a parte de que girará entorno á Skyward Sword (como era de esperar polo título) pouco se sabe.

Déixovos o vídeo trailer con algunhas escenas ingame. Promete.

E3, Nintendo, the legend of zelda, the skyward sword, trailer, Videoxogos, Wii,

Deja un comentario