Domingo, Junio 13, 2010 13:14

Suicidios de los trabajadores en la fábrica del iPad

Hoxe tráiovos unha noticia algo sensacionalista, pero relevante, que me pasaron o outro día do xornal El País. Nos arredores de Hong Kong, a uns 40km, atópase unha zona chamada Shenzhen, onde están establecidas unha chea de empresas de tecnoloxía electrónica entre outros moitos sectores (DealExtreme ten alí un almacén por exemplo).

Moitos dos produtos fabricados por empresas coñecidas, son finalizados en fábricas desta zona, debido ao baixo prezo da man de obra Chinesa. Nesta zona está establecida Foxconn, unha empresa que se dedica a montar diversos produtos tecnolóxicos (a maioría de sockets de placa base para conectar os procesadores son manufacturados por Foxconn) para moitas marcas, entre elas Apple. A empresa conta cun persoal 420.000 traballadores. Ata aquí todo normal, por todos é sabido que as empresas finalizan os seus produtos en China polos baixos custos.

Foxconn

A polémica xorde cando nas últimas semanas, 9 dos seus traballadores suicidáronse e outros dous máis o intentaron sen éxito. Ao parecer co encargo de produción do iPad, Foxconn presionou excesivamente aos seus traballadores para poder cumprir os prazos, e moitos deles víronse desbordados ante a brutal carga de traballo e minados polas condicións ás que son sometidos.

Apple e máis compañías que teñen contratos con Foxconn apresuráronse a declarar que vixiarán que se protexan os dereitos dos traballadores. O presidente da compañía visitou a fábrica, rodeado dunha alta seguridade, e asegura que se tomarán medidas respecto diso para controlar o estado psicolóxico dos seus empregados. Pero os empregados non se mostran conformes, e así o demostraron manifestándose na presenza do seu presidente e declarando que son obrigados a traballar baixo condicións infrahumanas.

É unha pena que nestes días se prodúzan este tipo de incidentes facilmente evitables.

apple, barato, china, Empresa, Foxconn, Hong Kong, iPad, tecnoloxía,

Deja un comentario