Domingo, Abril 25, 2010 12:19

Steam para Linux

Hai pouco rumoreábase e finalmente confirmábase que Steam estaría dispoñible proximamente para computadores con Mac OS X. Parece que os de Valve queren chegar a máis xente, e pouco a pouco Linux vai acaparando un gran número de usuarios. Moita xente utiliza sistemas con Dual Boot Windows/Linux só por que para xogar á gran maioría de xogos fai falta Windows, pero; que pasaría se os xogos de máis tirón funcionasen en Linux? Sei que hai alternativas para xogar a algúns xogos en Linux mediante emulación de Windows, pero non todos os xogos funcionan, algúns non van en modo online e existen outros problemas.

Nuns meses poderemos comprobar como evolucionará o mercado neste hipotético caso que moitos expuxéron, xa que Steam ten previsto chegar a Linux tamén. Proba diso dan as declaracións escritas en Phoronix, que ademais inclúen as descargas dos arquivos binarios do cliente de Steam para Linux. Segundo comentan, unha vez instalado, dá algúns problemas de autentificación co servidor, e só certas contas autorizadas, do mesmo xeito que na beta para mac, poden iniciar sesión. Pero é unha proba máis que tanxible de que Steam chegará a Linux, só falta o anuncio oficial por parte de Vale para confirmalo.

steam linux

online, steam,

Deja un comentario