Jueves, Agosto 12, 2010 8:56

Sony Ericcson – PSP con Android 3.0

Filtrouse o que parece ser o novo teléfono móbil/videoconsola de peto de Sony. De ser certas as imaxes trataríase dunha mestura de PSP-Go cun smartphone con pantalla táctil, que incluiría como sistema operativo Android 3.0. De momento a plataforma Android non está moi destinada a xogos, pero de ser certa esta noticia podería cambiar totalmente. Imaxinádesvos xogos de gran tirón, desenvolvidos por grandes compañías, compatibles con calquera dispositivo Android que teña potencia suficiente? Seguro que isto non chegará así de fácil, se Sony está traballando nun smartphone para xogos intentará ter todo ben atado e para eles sos.

A pantalla tería entre 3.7 e 4.1 polgadas, cunha resolución igual ou superior a WVGA, cámara de 5 megapíxeles, e un procesador de 1Ghz. De momento son os únicos datos que se saben deste Gadget, completados pola seguinte imaxe do posible deseño, que parece unha mestura entre a PSP-Go e o Samsung Captivate.

android, PSP, psp go, smartphone, Sony Ericsson,

Deja un comentario