Viernes, Julio 16, 2010 9:56

Significado de los pitidos de la BIOS

Se tes un computador e algunha vez che fallou, seguro que te deches conta de que emitía uns asubíos no interior da caixa. Eses asubíos non son máis que un código de erro para indicarnos onde está o fallo. A BIOS é a encargada de xerar estes códigos de erro. Cando detecta que algún compoñente imprescindible para iniciar o computador falla ou non está conectado, prodúcense unha serie de asubíos que dependendo da BIOS do noso PC varían, polo que se non sabemos que BIOS temos é difícil saber onde está o fallo. Unha vez sabemos a marca da misma, só temos que mirar o significado do código de erro.

Rizonetech creou un pequeno programa que nos indica cal é o significado dos asubíos da BIOS. Se o noso computador falla e non é capaz de arrincar, podemos valernos deste software para identificar rapidamente o problema. Trátase dunha aplicación portable para sistemas Windows e moi fácil de usar. Ao abrilo na parte superior aparecerán catro pestanas correspondentes ás BIOS de AMI, AWARD, IBM e Phoenix. Só temos que seleccionar a do noso computador, e na lista de abaixo elixir o código de asubíos que escoitamos. Apareceranos unha descrición do problema correspondente e proporanos varias solucións, así saberemos que é o que temos que facer para pór de novo o computador a funcionar.

Significado pitidos BIOS

Descargar RBCV, Significado dos pitidos da BIOS.

BIOS, error, fallo, ordenador, pc, pitidos, placa base, solución,

Deja un comentario