Lunes, Octubre 18, 2010 20:15

Resultados de búsquedas en Bing relacionados con Facebook

A procura máis social. Así se anuncia no blog de Facebook esta nova característica. A partir de agora se usas Bing ou o buscador de Facebook que se basea no motor de Bing, apareceranche resultados coas caras dos teus amigos á beira, indicando que eses sitios webs gustáronlles. Como xerarán eses resultados? En principio rastrexan as contas dos usuarios en busca de enlaces a webs e tomarán eses enlaces como futuros resultados das procuras dos seus contactos. Pero non creo que se limiten a iso, xa que a pesar de que a xente usa masivamente Facebook, a cantidade de enlaces por usuario non debería ser suficiente para ofrecer resultados que vallan a pena e nunha cantidade destacable.

O máis lóxico sería pensar que Bing utilizará a información que se sabe que garda sobre as procuras que realizan os usuarios co seu motor, e obterá de aí os resultados. Pero isto podería pór a máis dun nunha situación comprometida. Non credes?

Así mesmo facilitará as procuras de información sobre contactos que teñamos en Facebook.

bing, buscador, Facebook,

Deja un comentario