Viernes, Julio 9, 2010 8:51

Resistencia al agua de los relojes

Seguro que moitos credes que cando un reloxo na parte traseira pon “Water resistant xxM” o número á beira da M é a profundidade en metros á que se pode mergullar. Nada máis lonxe da realidade.

Este número tan só indica a calidade do selado do reloxo con respecto á auga tras ser sometido a unha serie de probas estandarizadas. Estas probas fanse mediante presión estática e en reloxos recentemente saídos de fábrica, polo que se collemos un reloxo marcado como 30M e mergullamos a pulmón nun río, posiblemente no lo carguemos. Para que un reloxo sexa clasificado como apto para mergullo, ten que pasar unha serie de probas máis exhaustivas, como cambios rápidos de presión e temperatura, resistencia das xuntas de selado ao envellecemento, tests de tensión dinámica, etc. E son marcados como Diver’s, non só como Water Resistant.

Certo é que hai moita xente convencida de que o número significa exactamente os metros ata os que é seguro mergullarse na auga co reloxo, ata hai xente que vai reclamar ás reloxerías tras averiarse o reloxo e cren que os están estafando cando lle explican isto mesmo (verídico, contoumo o reloxeiro cando fun a comprar o meu último reloxo e pregunteille sobre o asunto).

resistencia al agua de los relojes

Para que te fagas unha idea de ata onde se pode mergullar un reloxo e que condiciones de auga aguanta en base ao seu marcado Water Resistant, déixoche esta pequena lista sacada da Wikipedia. Son valores orientativos, se cadra un 30M aguanta un par de zambullidas e non lle pasa nada, pero mellor non arriscar:

  • Water Resistant ou 30 m: Son aptos para o uso diario. Resistente a salpicaduras e choiva pero non apto para nadar, nin mergullar a pulmón.
  • Water Resistant 50m: Apto para nadar, e practicar rafting en auga doce, así como para pesca. Non apto para mergullar a pulmón.
  • Water Resistant 100 m: Apto para surf, natación, mergullo a pulmón, navegación e deportes acuáticos.
  • Water Resistant 200 m: Apto para actividade mariña profesional e todo tipo de deportes de superficie agresivos.
  • Diver’s 100 m: É o mínimo recoñecido pola ISO para mergullo con bombona de osíxeno, non apto para mergullo por saturación.
  • Diver’s 200 m or 300 m: Apto para o mergullo con bombona de osíxeno a todas as profundidades, non apto para mergullo por saturación.
  • Diver’s 300 m: Apto para mergullo por saturación (entornos enriquecidas en helio).

Así que agora xa sabes, que o mínimo para que o teu reloxo soporte ser mergullado baixo a auga con seguridade, é Water Resistant 100m.

auga, reloxo, resistencia,

Deja un comentario