Viernes, Junio 11, 2010 14:31
Publicado en la categoría Hardware, Modding,

Reparar conectores de cable de red

Os conectores RJ45 son os que se usan para conectar ordenadores, routers, switches, etc mediante cable de rede. Moitas veces a pestana que evita que os conectores dos cables de rede desconéctense da clavija rompen. A solución chafalleira é usar un cacho de cinta illante para evitar que se caian (eu vin algúns cun chicle e todo…).

Outra solución, é cortar a punta do cable e crimpar un novo conector RJ45, pero se non temos crimpadora, facernos cunha pode resultar difícil ou caro. En hack a day atopei unha solución sinxela e curiosa. Trátase de usar un par de bridas para facer unha nova pestana. Cortamos a punta da brida e cun cuter ou bisturí dámoslle forma para que enganche na clavija; logo asegurámola ao cable co resto da brida. Unha solución intelixente e rápida para reparar os cables de rede rotos que teñamos por casa que nos pode sacar dun apuro.

Conector red

cable, Conector, rede, Reparar, RJ45,

Deja un comentario