Lunes, Enero 3, 2011 10:29

Redimensionar navegador a distintas resoluciones (iPhone, Netbook, portátiles…)

Se estás deseñando unha web e queres facela compatible para diversos dispositivos móbiles, o mellor xeito de saber como se verá en cada un deles é probándoo directamente para ver se á resolución do dispositivo a páxina web vese correctamente. Pero coa cantidade de aparellos que hai no mercado (iPhone, iPad, netbooks, portátiles, smartphones, pads, etc), é imposible probar en todos. Unha solución alternativa é utilizar o noso computador coa resolución de cada un destes aparellos, para o que nos teriamos que valer dunha máquina virtual se queremos probar todas e exactamente cada unha das resolucións. Pero con resize my browser temos unha mellor alternativa. O que fai esta páxina web é redimensionar unicamente o navegador que esteamos usando á resolución nativa do dispositivo que seleccionemos. Desta forma non é necesario tocar ningún axuste nin andar con ningún outro tipo de lea e con só un clic podemos ver como se mostrará a páxina web en distintas resolucións. Ademais se non nos bastan as resolucións que nos ofrece, permítenos crear novos patróns que se gardarán.

gratis, móvil, navegador, netbook, portátil, Resolucion, web,

Deja un comentario