Lunes, Enero 10, 2011 19:24

Redimensionar Disco Duro Virtual en VirtualBox (vdi, vhd)
Coa última versión de VirtualBox, VirtualBox 4.0, engadiuse a posibilidade de redimensionar discos duros virtuais creados anteriormente, xa estean no propio formato de VirtualBox, vdi, ou en vhd. Facelo é moi sinxelo, basta con empregar a terminal de Windows ou Linux para redimensionar o tamaño do disco duro cun sinxelo comando. Vou explicalo para un Host Windows xa que é a opción algo máis complexa. Unha cousa a ter en conta, é que para cambiar o tamaño do disco duro virtual, este ten que ser do tipo “Expansión dinámica” (hai que seleccionar “Almacenamento de expansión dinámica” ao crear o disco). Ademáis, só permite aumentar o tamaño do disco, non disminuilo.

Para redimensionar un Disco Duro Virtual con VirtualBox temos que valernos da aplicación “VBoxManage.exe”. Este executable está gardado na ruta de instalación de VirtualBox, por defecto “C:\Program Files\Oracle\VirtualBox”. Abrimos un terminal de Windows (Executar > cmd) e movémonos co comando “cd” ata esa ubicación.

Unha vez aquí executamos o comando da seguinte maneira para modificar o tamaño en Mega Bytes do mesmo:

VBoxManage modifyhd “ruta_do_disco_a_redimensionar” –resize “novo_tamaño_do_disco_en_MBytes”

Un exemplo concreto deste comando sería o seguinte, recorda que o tamaño son MB non GB:

VBoxManage modifyhd “F:\Sistemas Operativos\mint 10.vdi” –resize 80000

Eu acáboo de probar nun .vdi de 40GB expansión dinámica, con Linux Mint 10.10 instalado e funcionou sen problemas. Déixobos unha captura de GParted en Mint para que vexades o resultado:

disco duro, virtualbox,

Deja un comentario