Martes, Agosto 10, 2010 20:01

Que programas instalar después de formatear Windows

Cada vez que formateamos o noso equipo temos que reinstalar unha serie de aplicacións e programas básicos para todos os usuarios. Hoxe tráiovos unha lista persoal de aplicacións imprescindibles a instalar nun PC recien formateado e configurado con Windows 7. Intentei meter todas as aplicacións e utilidades que poden facer falta nun PC doméstico destinado a calquera tipo de uso.

Drivers:
Drivers para a tarxeta gráfica. Na maioría de computadores teremos dúas grandes divisións en canto a tarxetas gráficas: Ati e Nvidia. Debemos ir á web de drivers do noso cartón e descargar e instalar a última versión.

Drivers Ati
Drivers Nvidia

Drivers de placa base/outros compoñentes:

Se o Sistema operativo non recoñece certos elementos do noso sistema, teremos que instalar os seus drivers correspondentes. Tamén é recomendable ir á web de fabricante da nosa placa base e instalar os drivers para o noso chipset.

NOTA: Para saber a marca e modelo da placa base ou da vosa tarxeta gráfica, baixade ata o punto Información do Sistema desta guía.

Navegador Web:
Podemos usar Internet Explorer, pero recoméndovos que instaledes calquera outro. Por orde de gusto persoal déixovos:
Google Chrome
Mozilla Firefox
Opera

Reprodutor multimedia:
O WMP a min non me gusta nada, uso un reprodutor para vídeo e outro para audio, e como non, Spotify.

Reprodutor de vídeo: VLC Media Player

Reprodutor de Audio: Winamp

Spotify

Paquete Ofimático:
A non ser que queiras explicitamente Microsoft Office por algunha razón, recoméndoche que uses Open Office. Para saír do paso Google Docs é unha moi boa alternativa Online.

Lector de PDF: Eu adoito instalar o Foxit Reader, máis seguro e estable que o Adobe Reader. Probade ambos e elixide o que máis vos guste.

Antivirus:
Un bo antivirus é moi necesario en Windows. A mellor alternativa gratis é Avast Free, un dos mellores antivirus do mercado.

Compresores/descompresor de arquivos:
Aquí voume ao fácil e sempre instalo Winrar. Seguro que hai moitos outros con mil opcións pero para un uso corrente vai que chuta.

Información do sistema:
Everest é unha gran opción, pero é de pago. Para ter a información básica e detallada de todos os compoñentes de Hardware e parte do software do teu computador, Speccy é unha gran utilidade e totalmente gratis.

Do mesmo xeito que Seccy temos Hardware Monitor, máis orientado á lectura de sensores de ventiladores, voltaxes, temperaturas, etc.

Información do Procesador e Memoria: Se necesitas unha descrición detallada do teu procesador e memoria Ram, CPUz é a mellor opción. Mostra a frecuencia instantánea, modelo, stepping, revisión, multiplicador, voltaxe, frecuencia do bus, etc.

Control de temperatura: O que máis me gusta é CoreTemp. Está dispoñible en versión portable e instalable, ten un plugin para mostrar información na pantalla do G15, máximos e mínimos, arrincar con Windows, apagar o PC ou lanzar un programa concreto no caso de que se exceda certa temperatura…

Seguro que se me esquece algo, irei engadindo máis segundo me vaia acordando. Calquera suxestión será ben recibida.

Descargas, gratis, guía, instalar, programas, windows 7,

Deja un comentario