Martes, Septiembre 14, 2010 7:15
Publicado en la categoría Internet, Novidades,

Búsquedas instantáneas funcionando en Google.es (Instant)

Fai uns días mostrábanse uns vídeos dunha das novas características de Google: as procuras instantáneas e dinámicas. Esta nova característica recibe o nome de Instant. Segundo imos escribindo na barra de procuras de Google, ademais de aparecernos a modo de lista desplegable as opcións dispoñibles, móstranos nese mesmo momento os resultados de procura que coinciden co texto que levemos introducido. Axiña que escribamos na páxina principal de Google.es unha palabra que recoñeza, saltaranos automaticamente á páxina de resultados de procura.

A min en principio paréceme un pouco incómodo ver como de súpeto salta da páxina principal á de procura e como van cambiando os resultados ofrecidos segundo vou escribindo, pero supoño que será cousa de afacerse. De todos os xeitos pode desactivarse, tal como comento neste post.

buscador, búsquedas, google, Instant,

Deja un comentario