Miércoles, Agosto 25, 2010 9:28

Piratear a Play Station 3 con PS Jailbreak

Por fin chegou o que moita xente esperaba: a Play Station 3 foi pirateada. O sistema permite tanto a carga de homebrew como a carga de copias de xogos. Chámase PS Jailbreak, e só hai que enchufalo a calquera Play Station 3 (Slim ou normal) para que funcione.

O PS Jailbreak enchufase mediante USB á Play Station 3 e fai entrar á consola en modo debug, permitindo copiar o contido dun Blu Ray ao disco duro interno da consola, ou a outro externo conectado por USB.

De momento todos os xogos que foron copiados e posteriormente probados funcionan, coa limitación de que non poden conter arquivos maiores de 4Gb debido a que os discos duros deben de estar formateados en FAT. Se se consegue implementar o sistema de arquivos NTFS non habería problema. Funcionan ata en modo online sen ningún tipo de problema. A continuación déixovos un vídeo do PS Jailbreak funcionando, e unha review na que se explica desde como funciona o sistema para copiar xogos ata a carga de homebrew.

O prezo do sistema é duns 100E

hackear, piratear, play station 3, ps jailbreak, ps3,

Deja un comentario