Domingo, Marzo 7, 2010 21:15

Pilotar un Formula 1

Co tirón que ten formula 1 en España nos últimos anos, hai moita xente que quere pilotar un monopraza. Unha opción son os videoxogos de simulación, o problema é que a pesar de que os coches e escenarios están moi ben conseguidos, aínda que usemos un volante, fáltanos a parte física, o sentir a aceleración, freada e forzas G que só se experimentan ao volante dun Formula 1.

Este mozo, pretendendo emular as sensacións dun coche de Formula 1, creou un simulador impresionante, que transmite todos os parámetros de pilotar nun circuíto real ao condutor, a través dun complexo sistema de cilindros hidráulicos. Aceleración, curvas, freadas… é coma se estiveses pilotando. A experiencia de conducir un fórmula 1 no salón de casa. Podedes ver unha simulación completa e o impresionante do invento no seguinte vídeo.

coche, conducir, formula un, gratis, pilotar, simulación, vídeo,

Deja un comentario