Se tes unha web e desexas personalizar a túa páxina de erro 404, a continuación déixoche 40 páxinas deseñadas por profesionais e moi orixinais. Os erros 404 prodúcense cando o navegador web é capaz de establecer unha comunicación co servidor, pero o documento que busca non foi atopado, é dicir, estamos intentando acceder a unha páxina ou un arquivo que non existe. Adoitan ser bastante comúns e moitas páxinas web empregan a súa propia páxina de erro 404 para facer que quede máis bonito cando se produce un erro deste tipo.
Se queres a túa propia páxina de erro 404 podes descargar gratis algunha das 40 que nos presentan desde cssblog, ou velas para sacar ideas e deseñar a túa propia páxina orixinal. Así a próxima vez que un dos teus usuarios obteña un erro 404 provocaraslle un sorriso no canto dun cabreo tremendo. É unha das moitas tarefas pendentes que teño con Pulsa F5.





