Martes, Marzo 2, 2010 16:59
Publicado en la categoría Hardware, Multimedia,

Pantallas OLED

As pantallas OLED (Organic Light Emitting Diode, Diódo orgánico de emisión de luz) achéganse máis ao uso doméstico. Hai pouco só pequenos dispositivos como reprodutores de MP3 usábanas, pero xa empezan a aparecer as primeiras pantallas con esta tecnoloxía.

As patallas OLED caracterízanse por ser extremadamente finas, ter unha eficiencia enerxética moi elevada e proporcionar unha gran calidade de imaxe. A partir do mes de maio LG empezará a comercializar en Europa as súas primeiras pantallas OLED. O primeiro modelo será a 15O9500, cun tamaño de 15 polgadas.

OLED

As características desta pequena son as seguintes:

  • Terá un grosor ínfimo de tan só 3mm.
  • Será HD Ready, cunha resolución de 1366*768 píxeles.
  • O contraste dinámico será de 10000000:1 (non me pasei cos ceros non).
  • Contará coa tecnoloxía TruMotion 100Hz, e unha resposta de tan só 0.001ms.
  • Reproducirá nativamente varios estándares como MP3, DivX, etc.

Tras ver as características, podedes imaxinarvos o prezo. Para os faltos de imaxinación, 2000€.

Vía Gizmología.

características, europa, lg, OLED, pantalla, prezo, venda,

Deja un comentario