Jueves, Junio 24, 2010 14:27
Publicado en la categoría Gadgets, Mac, Miscelanea,

Los usuarios del iPhone y iPad están localizados

A última modificación na política de privacidade dos seus dispositivos móbiles inclúe unha cláusula que permite a Apple gardar información sobre a localización dos usuarios tanto do seu último móbil, como do iPad e de versións anteriores do iPhone. E non só iso, ademais está no seu dereito de compartila con quen máis lle plazca. O aviso da modificación aparece ao intentar descargar algo do App Store ou do iTunes.

Esta nova vulneración da privacidade dos seus clientes vén motivada pola aparición de iAds, un sistema de anuncios exclusivo de Apple que mostrará publicidade nos seus dispositivos portátiles. Polo tanto precisan información dos hábitos dos seus clientes para alcanzar un maior índice de efectividade na súa publicidade (se saben que unha persoa vai frecuentemente a unha tenda de videoxogos poderán ofrecerlle anuncios acorde con iso).

Para desactivar iAds se usas iOS 4 podes facelo con tan só entrar neste enlace desde o teu dispositivo. Se tes un iPad ou un iPhone antigo tócache esperar.

Geolocalización apple

apple, iOS 4, iPad, iPhone, privacidade, xeolocalizacion,

Deja un comentario