Martes, Agosto 10, 2010 20:06
Publicado en la categoría Cinema, Miscelanea,

Opinión de la película Origen Inception

A última película de Nolan gustoume máis do que pensaba. Inception (Orixe). Non quixera buscar información ningunha sobre ela, só vin algunha imaxe e trailer de raspallón e souben desde ese momento que me ía a gustar. Na repartición temos a Leonardo DiCaprio, Joseph Gordon-Levitt, Ellen Page, Tom Hardy, Ken Watanabe, Dileep Rao e Cillian Murphy. Onte foi a estrea de Inception (Orixe) e non me puiden resistir a ir vela.

[SPOILER]
Cobb, o protagonista interpretado por Leonardo DiCaprio, é un especialista en roubar ideas a outras persoas. Introdúcese nos seus soños, nunha realidade creada polo seu equipo, e atacando ao subconsciente da vítima róuballe as súas ideas.
Pero antes de dedicarse a iso, era un home felizmente casado e con dous fillos. Coa súa esposa, percorreron xuntos as máis recónditas partes do seu subconsciente, ata tal punto que ela non podía saír desa realidade infundada, e para sacala de aí Cobb tivo que tomar unha decisión que terminou na morte dela, e na súa fuxida do seu país polo asasinato da súa esposa.
Pero atopa un último traballo, un que podería levalo de volta a casa e ver aos seus fillos. É así como comeza a reunir de novo a un equipo e embárcanse nun traballo que algúns crían imposible: inception (orixe), o introducir unha idea na mente dun individuo e que este a desenvolva como propia. Aínda que el sabía que era posible porque era o que fixera coa súa muller para sacala do soño, as cousas complícanse. O final, como era de esperar ambiguo, pero eu creo que a peonza cáese.
[/SPOILER]

En resumo para os que non queiran ler o spoiler, unha obra de ciencia ficción que trata sobre especialistas en introducirse no mundo onírico doutras persoas e modificalo á súa antollo. Cobb o protagonista, actualmente traballando como ladrón onírico, non pode volver ao seu país, pero un ultimo gran traballo pode darlle a oportunidade de volver ver aos seus fillos. A min encantoume, deberías ir vela.

Ciencia ficción, inception, opinión, orixe, soños,

Deja un comentario