Opera duplica sus descargas en Windows 7
Tras a posta en marcha da ballot screen, a fiestra que Microsoft viuse obrigado a pór nas últimas versións de Windows 7, víronse cambios no uso dos navegadores. A ballot screen permítenos elixir que navegador de internet queremos usar entre os máis coñecidos, eliminando así a obrigación de cargar con Inter Explorer cando instalamos o noso sistema operativo. A parte do notable descenso de novas instalacións de Internet Explorer, a ballot screen beneficiou máis a uns que a outros.
Opera, afirma que as instalacións do seu navegador a partir da ballot screen duplicáronse en Windows 7. Estas cifras demostran que a elección do navegador predeterminado á hora de instalar un novo sistema operativo é un mal necesario, que beneficia aos bos navegadores e esperemos obrigue a Microsoft a traballar duro no seu IE, que a pesar de cambiar de versión moi rapidamente segue necesitando mellorar en incontables aspectos.

Se non coñeces Opera podes visitar esta entrada e probalo: Opera 10.5 dispoñible.
Vía My Opera




