Domingo, Febrero 28, 2010 12:59

Ocultar Chrome
Se es dos que lle gusta navegar en horas de traballo ou de clase e non queres ser cazado nas patacas, pero tampouco botar a perder as 40 pestanas que tiñas abertas, hoxe tráioche unha solución.

As extensións de Chrome cada vez son máis abundantes e teñen menos que envexarlle ás de Firefox. Minimize Chrome to Tray permítenos esconder as fiestras de Chrome para que non aparezan na barra de tarefas cando as minimicemos. Só hai que instalalo e desde o menú de configuración de Chrome, Extensións, abrir a configuración de Minimize Chrome to Tray.

Esconder Chrome

No menú que nos aparece só temos que marcar a opción “Hide all Visible Chrome Windows” e podemos configurar unha combinación de teclas, se queremos, para minimizar as fiestras máis rapidamente. Se non, con pulsar en minimizar, as fiestras de Chrome desaparecerán da vista de calquera. Para re establecelas só temos que ir á beira do reloxo de Windows, e facer click sobre a icona de Chrome que agora aparece.  E listo, Chrome oculto cunha soa extensión.

Instalar extensión para esconder as fiestras de Chrome.

chrome, esconder, extensión, ocultar,

Deja un comentario