Miércoles, Junio 23, 2010 9:55

OCR online gratis con Google Docs

O sistema OCR (Optical Character Recognition ou recoñecemento óptico de carácteres) é un sistema que nos permite transcribir a texto editable calquera imaxe ou documento. Son moitos os programas que ofrecen a posibilidade de procesar documentos coa tecnoloxía OCR, pero grazas a Google agora témolo online e gratis. Desde Google Docs, a suite ofimática de Google, poderemos procesar calquera imaxe ou documento PDF cun software OCR, e devolveranos un texto editable no formato de Google Docs. Para acceder ao servizo, só temos que ter creada unha cuenda de Google.

Ao entrar en Google Docs e subir un arquivo, automaticamente ofrécenos a opción de “Converter texto presente en imagenes ou documentos PDF a un documento de Google Docs”. Unha vez finalizada a subida devólvenos o arquivo procesado mediante OCR como texto plano. Con esta nova característica (aínda en fase beta) Google completa máis o que xa é unha magnífica suite ofimática na nube, e que grazas a novidades como esta se afianza e dáse a coñecer a máis público, xa que poder dispor destas ferramentas de forma online e gratis é unha gran vantaxe.

OCR online gratis con Google Docs

Descargas, google, Google Docs, gratis, ocr, ofimática, online,

Deja un comentario