Domingo, Mayo 30, 2010 8:13

El logo PacMan de Google y su costo en horas

Seguro que todos vistes a homenaxe de Google ao “Come Cocos” 30 anos logo da súa invención. A semana pasada durante algúns días, podiamos ver que o logo do buscador por excelencia, era unha pantalla de PacMan, e que ata podiamos xogar pulsando no botón Insert Coin. O primeiro que pensei ao velo, foi exactamente o que pasou: Sendo Google a web mais vista do mundo, que metan un xogo na páxina principal non provocará que a xente perda unha chea de horas? Pois si, e máis concretamente o culto rendido ao PacMan causou que os usuarios de Google gastasen 4.82 millóns de horas máis debido ao xoguiño.

Hai que ter en conta que a gran maioría da xente non se decatou de que se podía xogar ao PacMan con só pulsar Insert Coin, de non ser así posiblemente a cifra de horas dispararíase a máis do dobre. De media cada usuario estivo 36 segundos máis na portada de Google que un día corrente. Unha auténtica burrada.

Vía Rescuetime

arcade, google, horas, logo, pacman, precio,

Deja un comentario