Lunes, Noviembre 29, 2010 17:24
Publicado en la categoría Linux, Novidades, Windows,

El 60% de las empresas podrían reemplazar Windows con Chrome OS

Parece unha cifra demasiado arriscada, pero así o afirman desde Google. Aínda nin lle sacaron os cueiros (ata se podería dicir que aínda non llos puxeron) e xa afirman que o seu sistema operativo baseado en Linux para portátiles e sobremesas, Chrome OS, podería suplir ao todo poderoso Windows en máis do 60% das empresas. Obviamente isto non quere dicir que prevexan que coa saída de Chrome OS o 60% das empresas vaian cambiar Windows polo sistema operativo de Google, só que funcionalmente podería realizarse o cambio sen ningún tipo de inconveniente.

Recalco isto último porque desde Genbeta parecen afirmar que Linus Upson, o vicepresidente de enxeñería de Chrome, dixo que preveen que o 60% das empresas adoptarán Chrome OS. Tal como eu enténdoo non di isto, simplemente declara que agora mesmo, esa porcentaxe de empresas poderían substituír Windows con Chrome sen que isto supuxese ningún problema a nivel funcional e de recursos dispoñibles.

chrome, chrome os, google,

Deja un comentario