Miércoles, Abril 28, 2010 10:53
Publicado en la categoría Hardware, Mac,

Nuevos Mac Book Pro Temperatura

Ao parecer os novos Mac Book Pro a parte de realizar unha chea de tarefas da forma máis eficiente, ser moi bonitos e ter unha preciosa mazá na carcasa, fannos de calefacción. E que menos polo prezo que teñen. O problema é que se poñen facilmente a máis de 100ºC  , o que, se es o que pagou un par de miles de euros por un aparello, non che debe de sentar moi ben.

Este problema estase dando nos Mac Book Pro que veñen con procesadores i7, aínda que os portátiles doutras marcas que integran o mesmo procesador non se quentan tanto. Segundo comentan este exceso de temperatura fai que sexa imposible traballar co portátil nas pernas, e ata suxeitalo.

MacBookPro

Vía Codigocero

apple, macbook, portátil,

Deja un comentario