Jueves, Octubre 7, 2010 19:48

Novedades y página oficial de Google TV

Fai tempo que se sabía que estaban desenvolvendo Google TV, pero como adoita pasar con Google non se sabe case nada do produto ata o día do lanzamento. Desde onte está funcionando unha páxina web con información sobre Google TV, un pequeno tour, etc; podemos entrar a través de google.com/tv. En canto ao que nos depara:

  • As aplicacións van ser unha das pezas craves de google TV, incluíndo Pandora, Chrome, Twitter, Amazon, Android Gallery, e a principios do ano que vén, aplicacións do Android Market. Todas elas poderán funcionar en segundo plano e ser utilizadas mentres vemos a TV.
  • Televisións como HBO, TNT, TBS, CNN… teñen un acordo con Google para emitir vídeos no seu portal.
  • Permitirá interacción con teléfonos móbiles, coa posibilidade de reproducir música, imaxes e vídeos aloxados nestes con só pulsar un botón.
  • Poderás navegar por Internet ou usar aplicacións mentres ves a televisión.
  • Non emitirá contido en directo.
  • A cola Google. Unha especie de “gravador da web”. Permitiranos crear unha lista de páxinas webs, vídeo podcasts, vídeos de Youtub, etc. para velos logo.
  • Permitirá realizar videollamadas desde a televisión.
  • Reproducir todo tipo de arquivos multimedia locais como vídeos en alta definición, imaxes, música, etc.

google, tv,

Deja un comentario