Miércoles, Septiembre 29, 2010 20:34
Publicado en la categoría Novidades, Videoxogos,

Noticias y fecha de salida de la Nintendo 3DS

A nova videoconsola portátil de Nintendo por fin déixase ver en detalle. Hoxe apareceron as primeiras datas da 3DS, así como nova información sobre as súas características. As primeiras unidades sairán á venda en Xapón por un prezo aproximado de 220€ o 26 de Febreiro. A Europa e EEUU tardará en chegar un mes máis, e aínda non hai prezos confirmados para o noso territorio.

Xunto á 3DS virá unha tarxeta SD de 2 Gb, e será compatible con tarxetas SDHC de ata 32 GB. Nintendo porá ao servizo dos seus usuarios un sistema de venda de xogos de Game Boy e Game Boy Advance, que funcionarán que dá xenio na 3DS. Ademais, venderán xogos clásicos que se poderán xogar en 3D, a principal característica da consola como indica o seu propio nome.

Permitirá crear Mii’s en 3D grazas á cámara incorporada. Tamén dixeron que as 3DS poderán comunicarse entre se aínda que estean suspendidas, e unha luz indicaranos que estamos preto doutra 3DS que posúe información compartida.

3d, 3ds, Nintendo, portátil, videoconsola,

Deja un comentario