Miércoles, Marzo 17, 2010 20:41
Publicado en la categoría Hardware, Videoxogos,

Nueva Xbox 360 Slim

Fai tempo que se filtraron rumores de que un novo modelo de Xbox 360 estaba sendo desenvolvido. Integraría CPU e GPU nun mesmo procesador, o que reduciría tanto o consumo como o tamaño da videoconsola, dando lugar a unha Xbox 360 Slim. De ser así sería a primeira Xbox cun redeseño completo. A información non está confirmada, provén de fontes non oficiais, pero todo apunta nesa dirección. De saír á venda, sería de esperar que ademais da redución de tamaño trouxese consigo unha redución de custos. Na seguinte imaxe móstrase a, en teoría, nova placa basee da Xbox 360 Slim.

Como se pode ver o tamaño é moito menor que o de anteriores revisións, e o disipador xa só abarca un procesador, reducindo enormemente o seu tamaño (tras os problemas coas tres luces vermellas, os disipadores aumentaron enormemente, introducindo sistemas con heatpipes e melloras na canalización do aire).

Vía Kotaku.

microsoft, novo modelo, prezo, xbox 360 slim,

Deja un comentario