Sábado, Marzo 20, 2010 15:46
Publicado en la categoría Hardware,

Memoria Ram Kingston DDR3 a 2400 Mhz

Kingston anunciou unhas novas memorias da súa serie HyperX DDR3. Trátase do modelo KHX2400C9D3T1K2/4GX, formado por 2 módulos de 2Gb , un total de 4Gb pensados para traballar en dual channel. Cunha velocidade de 2400 MHz, esta memoria ram conta cunhas latencias relativamente baixas 9-11-9-27 2T. Son do tipo low voltage (baixo voltaxe) necesitando tan só 1.65V para o seu funcionamento.

Como é común na memoria ram da serie Kingston Hyper X, estas memorias de 2400 Mhz están dotadas duns disipadores básicos da característica cor “azul kingston” sobredimensionado para unha mellor disipación da calor. Contan co certificado XMP de Intel para sistemas i7. Do prezo non se sabe nada, pero estarán á venda ao rededor do mes de abril. A ver se aparecen as primeiras reviews para ver canto renden, e que tal andan de overclock, porque aínda que 2400 Mhz é unha boa velocidade, se se pode chegar aos 2500 Mhz moito mellor!

Kingston 2400 Mhz

Visto en elguruinformatico.

DDR3, Kingston, Ram,

Deja un comentario