Miércoles, Junio 23, 2010 9:55

Medir con Google Maps

Todo o mundo usou a ferramenta Google Maps para buscar a ruta a algún sitio, algún local ou tenda, ou simplemente para pasar o intre. Se es dos que lle gusta entreterse con este tipo de ferramentas, seguro que algunha vez botaches en falta unha ferramenta para medir distancias. É moi útil, non só para saber a distancia que separa un punto do mapa doutro, se non para saber as dimensións de edificios ou elementos singulares que se poden atopar en Google Maps.

Desde fai uns días e en fase beta, está dispoñible unha ferramenta para medir sobre Google Maps. Para activala só temos que irnos á páxina principal de Google Maps, e picar arriba á dereita no matraz verde de Google Labs que pon ¡Novo! Entre as diferentes funcións atoparás unha que pon Ferramenta de Medición de distancias. Por defecto esta desactivada; dámoslle a activar e aplicar.

Medir google maps lab

gora na esquina inferior esquerda terás un debuxo dunha regra xunto á escala. Para medir unha distancia, só hai que picar na regra e logo en dúas ou máis puntos do mapa para que nos ofreza o resultado. A medida aparecerá expresada en metros á esquerda.

Medir google maps

distancia, google, mapas, medir, satélite,

Deja un comentario