Viernes, Octubre 30, 2009 0:00

Leer en Castellano

Motorola Droid, un smartphone baseado en Andorid 2.0 está causando gran balbordo e expectación por todos os blogs/foros de tecnoloxía, como case todo o que esta relacionado con Android. Tanto é así que se filtrou o manual en formato PDF, aínda cando a súa saída oficial é o 6 de Novembro. O Motorola Droid contará cunha pantalla de 3,7 polgadas,16 millóns de cores e unha resolución de 854 *480, cámara de 5 megapíxeles con flash(formado por dous leds), 16Gb de memoria ampliables con tarxeta de ata 32Gb. O seu teclado qwerty deslizable promete ser o máis fino do mercado con tan só 13.7mm. Este pequerrecho monta un precioso OMAP3430 de Texas Instruments, a 600Mhz ! Con estas especifícaciones podemos supor que o rendemento vai ser impresionante. Déixovos a descarga en .pdf do manual do Droid.

Motorola Droid

Motorola Droid Manual

Droid, Manual, Motorola,

Deja un comentario