Lunes, Noviembre 29, 2010 17:02

Linux en la PS3 gracias a AsbestOS

A polémica decisión de Sony de eliminar o soporte para Linux da súa PlayStation 3 causou un balbordo xeral e o descontento de moitos. Xa se conseguiu restaurar, con OtherOS, pero AsbestOS permite acceso total á consola cousa que este non facía. O logro hai que atribuírllo a Marcan, que o logrou grazas ao Jailbreak, que como comentei tamén se pode facer en plan caseiro por menos diñeiro.

Para poder utilizar Linux con AsbestOS, necesitamos unha PS3(Fat ou Slim) co firmware v3.41. A opción principal é cargar o kernel de Linux vía rede, e Marcan liberouno baseándose na distribución Gentoo, aínda que hai máis opcións dispoñibles. O único pero, é que o dispositivo que utilicemos para Jailbreak, ten que ter polo menos 40kB libres, e a maioría de dispositivos comerciais só dispón de 16 ou 32KB. Déixovos un vídeo onde se ve o AsbestOS correndo nunha PS3 con firm v3.41.

gratis, hackear, playstation 3, ps jailbreak, ps3, sony,

Deja un comentario