Lunes, Agosto 9, 2010 9:18

Jailbreak universal para iPhone 4, iPad

Pouco tardou en chegar o esperado Jailbreak para iPhone 4. JailbreakMe, realizado por Comex. A aplicación é sinxela de usar, e permite instalar unha vez executada todo tipo de programas no iPhone que non están permitidos na App Store. Trátase dun Jailbreak universal, permitindo realizar a liberación do iPhone 4 e versións anteriores, o iPad, iPod touch, etc. A instalación é ben sinxela, e aínda que como sempre se di nestes casos debes realizala pola túa conta e risco, é difícil que se segues os pasos cárgueste o teu iPhone ou iPad.

Para realizar o Jailbreak ao voso dispositivo portátil de Apple, só hai que seguir tres pasos:

  • Actualizar a versión do iOS
  • Sincronizar o iTunes Store e facer un backup polo si ou polo non
  • Entrar na web de JailbreakMe desde o gadget en cuestión, o enlace é o seguinte: JailbreakMe

Unha vez entramos, aparecerá unha imaxe como a que aparece no post en castelán. Só debedes deslizar o dedo pola pantalla e comezará a descargar a aplicación. Logo instalarase e finalmente reiniciará o dispositivo. Só hai que sincronizar de novo o iTunes e listo, iPhone, iPad ou iPod Touch con jailbreak realizado.

apple, hackear, iOS 4, iPad, iPhone 4, ipod touch, jailbreak,

Deja un comentario