Viernes, Julio 16, 2010 9:59

Instalar Flash en el iPad con Frash

Pese ao reiterado empeño de Apple por librar aos seus dispositivos portátiles de Flash, xa se pode instalar unha versión inestable do mesmo no iPad. Un grupo de programadores decidiu que quería Flash no seu iPad, e nin curtos nin perezosos puxéronse a adaptar o plugin que Adobe liberou para Android 2.2 para que funcionase baixo iOS 3.2, aínda que xa están traballando para que funcione en iOS 4 tamén. O nome da criatura é Frash.

Posiblemente acabe chegando ao iPod e ao iPhone, se Apple non se pon a bloquealo que sería de esperar. A pesar de ser unha versión inestable, xa se pode visualizar moito contido web que usa Flash no iPad. Os desarrolladores aconsellan esperar á versión estable que sairá nuns días. A única traba é que temos que ter realizado o Jailbreak ao iPad para poder instalar Frash. Se queres ao fin ver correndo aplicacións Flash no teu iPad, podes seguir a guia de Engadget para realizar a instalación de Frash. A continuación déixovos un vídeo no que se mostran aplicacións Flash no iPad usando Frash.

apple, Flash, Frash, hack, iPad,

Deja un comentario