Viernes, Julio 9, 2010 8:40

Hackeada la App Store y cuentas iTunes

O dous por un. Os dous servizos de venda de contido multimedia online de Apple caeron á vez. O motivo? A habilidade e mala leite dun hacker vietnamita, segundo parecen indicar os feitos. Todo apunta a que Thuat Nguyen é o nome do mozo que durante a tarde de onte creou serios problemas en ambos os servizos. O que presuntamente fixo foi amañarse para colocar 40 das súas aplicacións entre as 50 posicións máis altas da tenda de ebooks cun método algo dubidoso e moi prexudicial para os usuarios afectados. Fíxose co control de varias contas usuarios da iTunes Store e dedicouse a comprar masivamente as súas aplicacións co diñeiro de terceiros.

O sistema de ranking das Store de Apple ao ver o incremento de vendas dos produtos, foi cando os colocou no top. Presúmese que foi el, aínda que podería ser calquera outro e elixir as aplicacións de Thuat para librarse de sospeitas.

No día de onte podíase ver como algúns usuarios nos comentarios das aplicacións afirmaban que alguén gastara cantidades que varían entre 200 e máis de 600 dólares comprando aplicacións coas súas contas. Esperemos que Apple tome cartas no asunto e devolva o diñeiro aos usuarios afectados.

Na imaxe seguinte pódense ver as aplicacións no top.

Aplicaciones appstore

apple, hackeada, hacker, itunes, online,

Deja un comentario