Domingo, Agosto 1, 2010 10:56
Publicado en la categoría Gadgets, Novidades,

Google retira el Nexus One

Pois si, o Nexus One irase das tendas sen fama nin gloria. Fai tempo comentaba que o comezo non fora nin de lonxe o que se esperaba. Tras o reducido número de vendas do smartphone de Google con Android, decidiron deixar de fabricalos. O 16 de Xullo recibiron o último pedido de Nexus One de HTC, e a partir de agora non se producirán máis unidades. Con moitas menos vendas que os seus competidores directos, e superado de longo polo iPhone, decidiron que non saía rendible seguilo fabricando.

Todo o que queira facerse cun aínda está a tempo, pero seguramente tras este anuncio as existencias que quedan acabaránse máis rapidamente, ante a posibilidade de quedar sen un. O soporte para o teléfono manterase, e ademais Android posúe xa unha gran comunidade, polo que seguirá habendo cantidade de software e aplicacións para o Nexus One durante moito tempo.

android, google, nexus one, smartphone, vendas,

Deja un comentario