Martes, Junio 1, 2010 10:16

Google dice adiós a Windows

A partir de agora os computadores dos empregados de Google serán Windows free. Desde Google decidiron tomar esta decisión debido aos problemas de seguridade do sistema operativo de Microsoft. Ao parecer a idea xurdiu tras o ataque de China en xaneiro, que provocou enormes perdas á empresa.

Ata agora tiñan a opción de elixir que sistema operativo instalar nos seus computadores, pero xa só poderán optar entre Mac OS ou unha distribución de Linux.

Todo isto cobrará máis sentido aínda cando Chrome OS sexa estable, xa que se converterá na opción máis lóxica como XO da compañía. Microsoft é a competencia, non só a nivel de sistema operativo se non tamén en servizos web como email, buscador, computación na nube, etc. polo tanto este era un movemento esperable desde fai tempo.

Google Windows

Vía FT

apple, distribución, google, Linux, ordenadores, sistema operativo,

Deja un comentario