Jueves, Septiembre 2, 2010 8:39

Explicación del Tornado de Fuego

Onte vendo o telexornal, chamoume a atención unha noticia sobre o tornado de lume en Brasil, un fenómeno bastante estraño de ver. En inglés coñéceselle co nome de Fire Devil, Fire Tornado ou Fire Whirl.

Para que se produza, é necesario unha fonte de lume, que xeralmente se trata de incendios forestais, e que se cumpran certas condicións. Adoitan verse cando a temperatura é moi elevada e a humidade do aire moi baixa. Debido ás altas temperaturas xeradas polo lume, xéranse correntes de aire ascendentes, que se se dan certas condicións, aos poucos van creando un vórtice; se este aumenta de intensidade e estabilízase crea un pequeno tornado, que succiona as chamas cara arriba. Desta forma vese como unha columna de lume en movemento que sobresae no incendio. Dependendo da intensidade das correntes de aire, ata se pode ver como o lume levántase do chan e parece que a combustión das chamas prodúcese espontaneamente.

A continuación déixovos o vídeo dun tornado de lume que se puido ver recentemente en Brasil.

explicación, meteoroloxía,

Deja un comentario