Miércoles, Febrero 24, 2010 22:11
Publicado en la categoría Humor, Imaxes, Miscelanea,

Espiral de Fibonacci

Fibonacci foi un matemático italiano, que a parte doutros moitos logros, ideou a sucesión que leva o seu mesmo nome. A devandita sucesión xurdiu mediante o estudo do crecemento das poboacións dos coellos. A sucesión de Fibonacci comeza cos números 0 e 1, e o seguinte numero da serie é o resultante da suma dos dous anteriores: 0, 1, 1, 2, 3, 5, 8, 13, 21, 34…

Esta sucesión está moi presente na natureza, en forma da Espiral de Fibonacci, unha espiral que se constrúe a partir da serie, unindo os vértices opostos dos cadrados cuxo lado ten igual medida que cada un dos elementos da serie. Supoño que tras ler esta frase xa estarás vendo mentalmente como é a espiral. Se es falto de imaxinación ou o teu intelecto non é o suficientemente avanzado como para entender a sinxela explicación que expuxen[/ironic], podes consultar a seguinte imaxe. A maioría de artigos que falan sobre a expirar de Fibonacci poñen como exemplos naturais caracolas de mar, girasoles, galaxias, furacáns, etc, pero parecíanme exemplos bastante insulsos para un mércores pola mañá. Seguro que este vos gusta máis:

Espiral Finonacci

Céntrache na espiral que se che vai a vista ás curvas da rapariga!

caracolas, debuxo técnico, espiral de fibonacci, exemplos, furacáns, girasoles, matemáticas, naturais, sexy, sucesión de fibonacci,

Deja un comentario