Sábado, Octubre 16, 2010 9:44

Eliminar la barra de herramientas de VirtualBox a pantalla completa

Se utilizas VirtualBox a pantalla completa, e de forma habitual, seguro que a barra de ferramentas que aparece no fondo da pantalla moléstache a miúdo. A pesar de que se auto-oculta, cada vez que pasas o rato preto da barra aparece, e ás veces dálle a tolemia e queda pillada, tendo que facer click nalgún outro lado da pantalla para que desapareza. O feito de que a barra estea aí é por se se nos traba a máquina, non sabemos saír de pantalla completa, acceder a algunhas funcións extra “ao voo” como compartir dispositivos USB co sistema operativo “guest” (O que corre na máquina virtual), compartir cartafois, etc. Pero para un uso diario común de VirtualBox é unha molestia.

Con todo existe a posibilidade de eliminala. Só temos que, coa máquina virtual apagada, irnos á configuración da mesma. No apartado “Xeneral” ímonos á pestana “Avanzado” e desmarcamos a casa “Mini barra de ferramentas: Mostrar a pantalla completa e fluído”. Desta forma a próxima vez que arrinquemos a máquina virtual a mini barra de ferramentas desaparecería.

Máquina virtual, sistema operativo, virtualbox,

Deja un comentario